Xornada Escolar en directo

Unha xornada especial en directo desde o IES de Breamo de Pontedeume.

Escolas galegas e portuguesas realizarán programas en directo o día 21 de
febreiro debido a que o día 13, o Día Mundial da Radio coincide coa
celebración do entroido.

As escolas aínda poden sumarse a esta participación que está aberta a
programas que se desenvolvan en directo desde calquera centro educativo.

Entre as propostas que as escolas poden abordar nos seus programas están
os xogos tradicionais, a relación dos deportistas e a radio, o xornalismo
deportivo, retransmisión deportivas na radio, a igualdade de xénero no deporte,
a lingua galega e o deporte, as olimpiadas e os deportes para-olímpicos, etc.